sábado, 22 de abril de 2023

Campionato badminton Xogade en Serra de Outes

 Fai unhos días vimos de disputar en Serra de Outes unhas bonitas xornadas practicando badminton con outros institutos da zoa.

Primero xogamos unha fase previa na que acudiron 19 d@s nos@s alumn@s:









Este xoves disputamos a final do campionato con 11 clasificados:













martes, 17 de enero de 2023

Viaxe a neve 2023

 Por segundo ano consecutivo dende o IES celebramos a semana branca, concretamente do 8 o 14 de xaneiro visitamos Jaca.

Dende esta vila fumos tódolos días a estación de esquí de Astún onde practicamos ski e snowboard. Tres horas de clase e práctica o tempo restante que estivemos na estación.

Compartimos a viaxe cos nosos compañeiros do CPI de Laxe Cabo de Area cos que vivimos moi bos momentos. Darlle as gracias os profesores Sergio e Gonzalo por todo o esforzo que fixeron antes e durante a viaxe para fora todo correctamente.

Transmitir dende aquí as felicitacións por parte dos profesores de esquí de Astún e a axencia de viaxes a boa actitude e comportamento que tivo o alumnado durante toda a estancia.

Compartimos unhas fotos directamente dende o blog:







El resto de fotos del viaje están aquí:

https://drive.google.com/drive/folders/153HtOcB8sBgtofNZXPL8lneAHpN1kri2?usp=sharing











domingo, 15 de enero de 2023

Cross escolar Xogade 2022

 O curso de 2º da ESO do noso IES participou no cross Xogade disputado no mes de decembro en Carballo.

Circuíto moi duro que @s nosos atletas superaron con creces.

Pena que non puidemos ir a seguente fase no cross de Acea da Ma por coincidir ca viaxe a neve.






No seguinte link aparecen máis fotos do cross:

https://drive.google.com/drive/folders/1af9rx-fnjqNjEptOjmXzPwse2nd0tN2c?usp=sharing







viernes, 11 de noviembre de 2022

Xogos tradicionais Galegos no IES

 Ca celebración do magosto no centro fixemos tamén varias estacións de xogos populares dentro do programa Xogade da Xunta.


Os xogos propostos foron:

- A chave de Santiago.

- Billardas.

- Soga tira.

- Bolos Celtas.




Análise da condición física do alumnado do IES

 Nestes primeiros compases do curso 2022/2023 como cada ano analizamos a condición física e características antropométricas do noso alumnado dentro do plan proxecta da Consellería de Educación y concretamente no programa DAFIS.



Relación de probas e proposta de orde de execución

1. Composición corporal

2. Prensión manual

3. Salto de lonxitude pés xuntos

4. Back-saver sit and reach

5. 4x10 metros

6. Suspensión cóbados flexionados

7. Course Navette


Nas próximas datas subiremos o blog os resultados globais do mesmo.

lunes, 31 de octubre de 2022

Viaxe a neve 2023

 Na presentación adxunta queda detallada toda a información do viaxe a neve de este curso escolar



https://docs.google.com/presentation/d/14NAaDnDnBm-dbiWclkCfwThZTsCRyVoX/edit?usp=share_link&ouid=111573928656673122404&rtpof=true&sd=true


sábado, 21 de mayo de 2022

Informe sobre hábitos actuáis de actividade física do alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica e intereses por actividades extraescolares:

 Estos foron os datos extraídos a través dunha enquisa feita con Google Forms:

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Aparte da actividade física que fas no instituto, cantas horas de actividade física fas a semana fóra do centro?. Número de respuestas: 78 respuestas.

O gráfico anterior mostra que un 30% do alumnado que ven o instituto so fai dúas horas de actividade física fóra do centro a semana, quedando moi lexos do que aconsella a OMS.

 

No seguinte gráfico mostrase como a gran maioría do alumnado do centro si que lle gustaría facer actividade física fora do horario escolar:

 

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Gustaríache facer actividade física dirixida fóra do centro?. Número de respuestas: 78 respuestas.

Na seguinte pregunta consultábase o alumnado que instalación deportiva lle gustaría ter fora do centro, dábanse tres opcións como parque de barras de calistenia, pista de skate ou piscina e logo podían tamén poñer outra opción, estes foron os resultados:

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Qué instalación gustaríache ter preto da casa para facer actividade física?. Número de respuestas: 78 respuestas.

 

E por último, preguntamos o alumnado do centro por 5 opcións de actividades deportivas e estes foron as súas eleccións:

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Qué actividade física gustaríache facer fora de centro?. Número de respuestas: 76 respuestas.

Campionato badminton Xogade en Serra de Outes

 Fai unhos días vimos de disputar en Serra de Outes unhas bonitas xornadas practicando badminton con outros institutos da zoa. Primero xogam...